Unha produtora audiovisual que centra o seu traballo nos contidos. Nos contidos de calidade, pensados por guionistas e directores que non escatiman esforzos por entender o fondo de cada proxecto.
Estamos especializados no entretemento e na publicidade, na produción de pequenos formatos para televisión e internet, pero tamén no desenvolvemento de ideas relacionadas co mundo da publicidade e do marketing audiovisual.
O actor e humorista Xosé A. Touriñán funda esta produtora no ano 2012, co obxectivo de poñer en orde as centos de ideas froito da súa experiencia logo de máis dunha década traballando na televisión. Entendendo e facendo entender un bo número de formatos, para todo tipo de públicos, e pensados para diferentes plataformas.