CERSIA Empresa é o edificio municipal para a dinamización económica da cidade. O servizo nel proporcionado e mesmo as súas instalacións están ao servizo das entidades que forman ou pretenden formar parte do tecido económico e empresarial do concello de Santiago.
Como unha das sedes da Concellaría de igualdade, Desenvolvemento Económico e Turismo nel atópase a Oficina de Promoción Económica e Emprego do Concello de Santiago. Nel préstanse servizos de Información e orientación laboral, Axencia de Colocación e Información e asesoramento a persoas emprendedoras e empresarias. Tamén dispón dun rexistro auxiliar e acolle as oficinas da Concellaría de Educación.
As entidades interesadas en facer uso das instalacións do edificio CERSIA Empresa deberán enviar un email a cersia@santiagodecompostela.org indicando o espazo ou espazos que precisa reservar, a data e horario de reserva, e mais un teléfono de contacto.
As instalación que o CERSIA Empresa pon á disposición das entidades son as seguintes:
Salón de actos
Capacidade para 201 persoas
Equipado con pantalla, canón e sistema de son
Salas de formación
Dúas salas, con capacidade para 22 persoas (modelo auditorio)
Posibilidade de distintas montaxes
Equipadas con pantalla e canón
Aula de informática
Capacidade para 18 persoas
Equipada con pantalla e canón
Sala de reunións
Capacidade para 16 persoas
Equipada con pantalla e canón
+ info: cersia@santiagodecompostela.org